Noemi traballou extensivamente en
distintos países como Francia, Portugal, España, Inglaterra, Estados Unidos e
India. Como actriz e bailarina traballou para institucións de prestixio como o
Centro Dramático Nacional, o Centro Dramático Galego, o Núcleo de
Experimentação Coreográfica do Porto, a English National Opera, ou Cuarta
Parede e reputadas compañías europeas como Blind Summit ou Improbable Theatre,
entre outras.
Ademais, dirixiu varias obras de
teatro entre elas "Interrupted" (comedia gestual), "Escenarios
de Chamberí" (teatro comunitario), "Malena, chea es de graza"
(teatro documental), "Locxs de Amor" (teatro inclusivo), "Miss
Mara, quen se reserva non é artista" (teatro - circo) e fai a dirección de
movemento en “The Canary Girls” (teatro físico).
No ámbito audiovisual destacan a súa
participación na película “A Esmorga” Tamén impartiu cursos e conferencias
sobre Interpretación, Creación Teatral, Creación Colectiva e Movemento en
diferentes universidades como as Universidades de Oxford, Bolonia, Puna, Calcuta,
Liceo Francés de Istambul ou LISPA. Ademais de ensaios, Noemi é autora de catro
obras dramáticas as cales foron amplamente representadas en Europa. Entre os
seus premios e recoñecementos como autora destacan as súas candidaturas aos
Premios Max na categoría de Mellor Autoría Revelación en 2015 e 2018 por
"Interrupted" e "Xeración Why" e como actriz o Nomeamento
Mellor Intérprete Feminina nos Premios Fernando de Rojas 2019, ademais dos
múltiples premios que recibiron os seus propios espectáculos como o Premio do
Público do Fringe de Praga (por Canary), Premio do Público e do Xurado do
Festival Presente Futuro de Palermo (por Xeración Why) entre outros.
Actualmente, prepara diversos
proxectos como actriz e directora en cinema e teatro.
Vid: Noemí Rodríguez
Foto: https://www.teatroenvilo.com/noemi-rodriguez-c1nb6