RECANTO DE REFLEXIÓNS

04 enero 2020

NOEMÍ RODRÍGUEZ

Noemí naceu en Allariz en 1987. É pedagoga, directora de teatro e autora. Ten un amplo currículo e traxectoria profesional. Fórmase na ESAD de Galicia (onde recibe unha matrícula de honra polo seu proxecto final de carreira) e despois realiza un Máster en Artes Escénicas na Universidade de Vigo e un curso de posgrao na London International School of Performing Arts grazas ao Programa de Bolsas no Estranxeiro da Fundación Barrié da Maza, un dos programas de Bolsas de Excelencia máis destacado a nivel nacional e internacional.


Noemi traballou extensivamente en distintos países como Francia, Portugal, España, Inglaterra, Estados Unidos e India. Como actriz e bailarina traballou para institucións de prestixio como o Centro Dramático Nacional, o Centro Dramático Galego, o Núcleo de Experimentação Coreográfica do Porto, a English National Opera, ou Cuarta Parede e reputadas compañías europeas como Blind Summit ou Improbable Theatre, entre outras.

Ademais, dirixiu varias obras de teatro entre elas "Interrupted" (comedia gestual), "Escenarios de Chamberí" (teatro comunitario), "Malena, chea es de graza" (teatro documental), "Locxs de Amor" (teatro inclusivo), "Miss Mara, quen se reserva non é artista" (teatro - circo) e fai a dirección de movemento en “The Canary Girls” (teatro físico).

No ámbito audiovisual destacan a súa participación na película “A Esmorga” Tamén impartiu cursos e conferencias sobre Interpretación, Creación Teatral, Creación Colectiva e Movemento en diferentes universidades como as Universidades de Oxford, Bolonia, Puna, Calcuta, Liceo Francés de Istambul ou LISPA. Ademais de ensaios, Noemi é autora de catro obras dramáticas as cales foron amplamente representadas en Europa. Entre os seus premios e recoñecementos como autora destacan as súas candidaturas aos Premios Max na categoría de Mellor Autoría Revelación en 2015 e 2018 por "Interrupted" e "Xeración Why" e como actriz o Nomeamento Mellor Intérprete Feminina nos Premios Fernando de Rojas 2019, ademais dos múltiples premios que recibiron os seus propios espectáculos como o Premio do Público do Fringe de Praga (por Canary), Premio do Público e do Xurado do Festival Presente Futuro de Palermo (por Xeración Why) entre outros.

Actualmente, prepara diversos proxectos como actriz e directora en cinema e teatro.

Vid: Noemí Rodríguez
Foto: https://www.teatroenvilo.com/noemi-rodriguez-c1nb6