Vid: Crónica, 5 de agosto de 1934, 10.
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
14 febrero 2019
CARMIÑA NOVELLE
Da Crónica de Madrid do ano 1934 rescatouse esta noticia que resulta entrañable e curiosa. Trátase de Carmiña Novelle, nacida en Ourense, que traballaba no Ministerio de Traballo en Madrid e levou o título de Miss Ministerios. A historia é a seguinte. Existía por aquel entón infinidade de funcionarios de Ministerios que estaban enfermos e que por falta de recursos non podían coidarse. Para reunir fondos e construír un sanatorio antituberculoso organizouse un festival benéfico no que se incluía o nomeamento dunha Miss Ministerios. Nun primeiro momento, Carmiña, aceptou ser candidata a pesares de que lle di o periodista que opinión terían os seus pais. Ela dille que é moderna e que non se está no ano 1900 para ter que pedir permiso aos pais. Pero...ao día seguinte pide que lle retiren a candidatura pois ao seu noivo pareceulle moi mal. Non obstante, logo volve a aceptar porque ve que o festival se fai por unha boa causa.
Vid: Crónica, 5 de agosto de 1934, 10.
Vid: Crónica, 5 de agosto de 1934, 10.