Fen nace en Ourense no ano 1962. Destacámola aquí por ser unha grande escultora e ceramista. Estudou Deseño do Moble na Escola de Arte y Superior "Antonio Faílde" e realizou diversos cursos de debuxo e modelaxe pero destaca que é autodidacta o que a fai libre de estilismos e regras preestablecidas.
A principal temática de Fen é a muller e divide a súa obra en:
-Series Almas
-Personaxes.
-Bustos
-Espidos de muller
-Temas varios
-Relevos
A característica principal da súa obra é o esquematismo, as liñas curvas, o movemento, os ocos.....son figuras estilizadas pero próximas ao espectador xa que van máis alá da materia e sentimos o que queren dicir. En tonalidades grises, brancas, negras...En definitiva, crea un mundo moi bonito, de figuras soas, de grupos de figuras...
Ten realizado varias exposicións.
Vid: Fen Mugüerza