Celsa Pérez
Moreiras naceu en León o 25 de decembro de 1912 pero ten ascendencia ourensá
pois era filla de Arturo Pérez natural do Ferrol e de Celsa Moreiras, natural
de Canedo (Ourense).
Ingresou na Universidade de Santiago en 1928,
licenciándose en Farmacia no ano 1932. Continuou os estudos en Madrid en 1935, logo
traballa no Instituto de Patoloxía Médica do Hospital Xeral de Madrid, dirixido
por Marañón, publicando xunto a este destacado endocrinólogo dous traballos
sobre vitaminas e metabolismo muscular.
Foi profesora da Facultade de Farmacia
da USC, onde xa aparecía no cadro docente en 1933 como Axudante de Clases
Prácticas da materia de Técnica Física. Aparece nunha publicación xunto ao
catedrático de Farmacia Aniceto Charro, e tamén xunto a el colaborou no
Instituto de Estudos Rexionais, no Laboratorio de Bromatología do Seminario de
Estudos Galegos. Falece en Madrid en xullo de 2010.
Vid:Liste López, Socorro e Pintos Barral, Xoana, "Las primeras docentes de Ciencias en la Universidad de Santiago"