Etiquetas

02 julio 2016

FLOR FERNÁNDEZ SANTAMARINA

Flor Fernández (Verín, Ourense, 1953) combina a fotografía, a escultura cerámica e a narrativa. A súa obra foi presentada en mostras colectivas en Bélxica, Italia, Portugal e diversas cidades españolas (Ourense, Cádiz, Madrid, Bilbao, etc.) e en exposicións individuais no Museo Municipal e o Outono Fotográfico de Ourense. Tanto no seu traballo escultórico como no fotográfico, utiliza unha linguaxe orgánica, intimista e intuitiva que combina a frescura, a proximidade e a fantasía de claras referencias surrealistas. É autora da obra de literatura infantil "Fábula de Paulina" e colabora na radio cunha sección semanal de relatos breves: "Pequenas Historias".
Vid: El rincón de Mariflores