Etiquetas

11 julio 2012

JULIA ANGELITA REY PUMAR

Naceu en 1918 en Maceda, Ourense. Cursou estudos de música no Conservatorio Nacional de Madrid onde obtivo unhas brillantes cualificacións tanto en solfexo como en piano, sete sobresaíntes e dous notables. Compaxinaba estes estudos cos de Bacharelato no Instituto Provincial de Ourense onde tamén sacou numerosos sobresalientes. 

Despois proseguiu os seus estudos como alumna interna das Carmelitas.
Unha vez que titulou en bacharelato matriculouse en Farmacia en Santiago, onde se licenciou no ano 1946. 

Rexentaría unha farmacia que se atopaba na  Estación Empalme, A Ponte. Casou con Ricardo Cid R. Toubes que era médico en Cea e o matrimonio residía en Maceda.


Vid: Cid Galante, Rosa María, Tese de Doutoramento.; Vida Gallega, xuño 1934; Galicia, 3 de novembro de 1934, p. 2; El Ideal gallego, 6 de febreiro de 1946, p. 6; La Región, 12 de marzo de 1959, p. 6.