Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
RECANTO DE REFLEXIÓNS
▼
11 julio 2012
JULIA ANGELITA REY PUMAR
Naceu en 1918 en Maceda,
Ourense. Cursou estudos de música no Conservatorio Nacional de Madrid onde
obtivo unhas brillantes cualificacións tanto en solfexo como en piano, sete
sobresaíntes e dous notables. Compaxinaba estes estudos cos de Bacharelato no
Instituto Provincial de Ourense onde tamén sacou numerosos sobresalientes.
Despois
proseguiu os seus estudos como alumna interna das Carmelitas. Unha vez que titulou en bacharelato matriculouse en Farmacia en Santiago, onde se licenciou no ano 1946.
Rexentaría unha farmacia que se atopaba na Estación Empalme, A Ponte.
Casou con Ricardo Cid R. Toubes que era médico en Cea e o matrimonio residía en
Maceda.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Tese de Doutoramento.; Vida Gallega, xuño 1934; Galicia, 3 de novembro de 1934, p. 2; El Ideal gallego, 6 de febreiro de 1946,
p. 6; La Región, 12 de marzo de 1959,
p. 6.