Dona Ofelia Soto García naceu o 5 de xuño de 1908 en Nogueira de Ramuín. Era filla de Eulogio Soto Pombar, que era irmán de Sara, Josefa, María Aristides, Margarita e Mercedes, algunhas delas figuran neste blog.
Ofelia, cursou o Bacharelato no Instituto de Ourense. Casou en marzo de 1928 con Don Modesto Madriñán Neira, fillo do avogado e Oficial Maior da Deputación Provincial, don Luís Madriñán. Casaron na Igrexa de Santa Eufemia e tiveron 11 fillos. Dona Ofelia, xa con fillos, examinouse en Santiago de Matrona tras os seus estudos e prácticas co Doutor Peña Rey, obtendo o título. Logo exerceu como comadroa de Ourense e axudou a traer ao mundo a moitos nenos. Traballou como matrona titular do Hospital Provincial (Deputación) e do Concello e tamén foi a primeira comadroa da Seguridade Social en Ourense segundo se instalou. Traballou cos primeiros xinecólogos de Ourense, a moitos deles case os formou nos seus primeiros pasos despois de rematar na Universidade. Era a única comadroa que facía turnos de noite e tivo o primeiro teléfono da cidade que non estaba en lugar público. Exercería a profesión con grande vocación ata que se xubilou.
Non obstante, a vida de Ofelia non foi doada pois sufriu o proceso de depuración que se levou a cabo no Colexio de Médicos de Ourense durante o franquismo entre os anos 1939 e 1943. A orde do 6 de outubro de 1939, publicada no Boletín do Estado o día 7 de outubro, ordenadaba a depuración de médicos pola súa conduta político-social en relación ao Glorioso Movemento Nacional. A partir de 1940 comezóuselles a abrir expediente a moitos médicos da provincia e nesa relación incluíuse á matrona Ofelia Soto García pois tamén era sospeitosa de conduta contra o GMN por estar a traballar con moitos deles, finalmente non foi sancionada.
Deste xeito, estamos ante unha grande muller, unha traballadora vocacional e profesional e moi querida pola xente xa que sempre axudou aos mais necesitados e conseguía canastillas para os pequenos. Por iso, non é de extrañar que fose madriña de multitude de nenos porque llo pedían os pais.
La Región, 15 de xaneiro de 1936
Xa con case noventa anos estivo presente no parto dalgunhas das súas netas. Medio Ourense e os seus arredores lembran a Doña Ofelia.
Na ilustración que aparece a continuación pódese ler o marabilloso escrito na prensa que o Doutor Martinón Sánchez escribiu sobre Ofelia Soto cando esta faleceu. Dedícalle a Ofelia Soto unhas fermosas palabras. Creo que moi ben merecidas. Dito recorte foi facilitado pola familia:
Nota: Información e fotografías facilitadas pola familia de Ofelia Soto.
Véxase tamén: David Simon: Médicos orensanos represaliados en la Guerra Civil y en la postguerra. Historias de "Longa Noite de Pedra", Fundación 10 de Marzo, Colección de Estudios Nº 8, Santiago de Compostela, 2010, páx. 113.
Heraldo Gallego, 29 de abril de 1928
Vida Gallega, 20 de abril de 1928
El Pueblo Gallego, 1 de abril de 1928
El Pueblo Gallego, 10 de setembro de 1958
El Pueblo Gallego, 21 de xuño de 1960
El Pueblo Gallego, 13 de agosto de 1961.

(Recorte de prensa enviado pola filla de Ofelia Soto)