Naceu en Ourense e en 1965 estableceuse en Vigo, cidade na que intensifica a súa produción artísitca a través da investigación de diversos materiais e buscando novas formas para inserir nos seus traballos, centrados principalmente na pintura. A súa formación foi autodidacta e realiza as súas primeiras exposicións en 1990 mentres se forma como conservadora preventiva de bens culturais no Museo Municipal Quiñones de León e promove varios cursos de pintura e artesanía. Exhibiu a súa obra en Vigo, Ourense, Pontevedra, Tui, Madrid, Bilbao, Milán...é membro da Asociación de Artistas Plásticos de Vigo, da Federación Internacional de Artistas Plásticos de Barcelona e socia fundadora da Asociación de Artistas Plásticos Galegos. Segundo Pedro Solveira, a obra de Anxeles caracterízase pola súa espontaneidade, o pincel é libre e voa por un mundo vexetal que o invade todo. Francisco Pablos indica que os temas simples teñen certo intimismo a pesares do seu quente cromatismo.
Vid: Enciclopedia Galega, Apéndice 2000-2005, tomo 38.