Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese publicada en formato CD por Normalización Lingüística da Universidade de Vigo; El Ideal gallego, 26 de marzo de 1930; El Ideal gallego, 15 de xullo de 1932.
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
26 febrero 2012
BASILISA ABELLA ALONSO
Naceu en 1911 en san Juan de la Mata, no Bierzo. Estudou no Instituto Provincial de Ourense ingresando nos estudos de bacharelato no ano 1922, cando tiña 11 anos. Estudou os seis cursos por libre e, cunha media de aprobado, acadou o título de bacharelato que se lle expediu o 26 de marzo de 1930 e logo trasladouse á Escola Normal de Ourense e despois á Normal de Lugo onde se lle expediu o título de Maxisterio en 1932. No ano 1934 estaba nas listas de mestras interinas.
Etiquetas:
A,
Bachillera de comezos de século XX,
Pioneiras