Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
02 marzo 2011
EVA ARIAS ARIA
Segundo me comunica Gustavo Docampo, Eva Arias é atleta. Naceu en Vilamartín en 1980, nalgún sitio figura que naceu en Santa Coloma de Gramanet, pode que sexa filla da emigración, en calquera caso a súa familia vive en Valdeorras e os seus seus primeiros pasos como deportista foron no Club Adas do Barco da man de Agustín González. É campiona de España en 3000 metros obstáculos.
Vid: La Voz de Galicia