Sara Soto Pombar naceu en Ourense e ingresou no Instituto Provincial en 1914, tras realizar o exame de ingreso o 20 de novembro de 1914. Realizou os estudos de Maxisterio obtendo o título o 20 de abril de 1920. Logo matriculouse nos estudos de Bacharelato desde 1919 ata 1923 e Por orden da Subsecretaría do 3 de xullo de 1920 fóronlle conmutadas para Bacharelato as asignaturas de Lengua Castelá, Xeografía Xeral e de España, Nocións de Aritmética e Xeometría, Caligrafía, Ximnasia, Francés, Debuxo, Xeografía especial de España, Aritmética e Xeometría.
Segundo consta no expediente académico do Instituto Provincial as cualificacións foron as seguintes:
Obtivo sobresaliente en Lengua latina 2; Historia de España; Historia Universal; Historia da Literatura (con Premio) e Preceptiva e comprensión.
Obtivo Notable en Alxebra e trigonometría, Fisioloxía e Hixiene, Agricultura e Técnicas.
E aprobado nas materias de Latín 1, Psicoloxía e Lóxica, Física, Ética do Dereito, Historia Natural e Química xeral.
(Fonte: La Región, 22 de xuño de 1919)
Acadou o título de mestra o 20 de abril de 1920 e exerceu de interina en Navalle (Riós), na de Doade, na de San Mamede en Tabeada, na escola mixta de Vilamartín,
Casou o 28 de xullo de 1912 co comerciante de Bahía de Brasil Constantino Fernández Rodríguez. O enlace foi en Nogueira de Ramuín onde estaba exercendo de mestra Sarar e foi unha voda moi sonada e de grande concurrencia de xente pola simpatía que sentían por Sara Soto que por certo era a tía de Ofelia Soto García que tamén figura neste blog.
Constan no Instituto as súas irmás Mercedes Soto Pombar e Josefa Soto Pombar e outras irmás fixeron estudos de maxisterio que se chamaban María Aristides Soto Pombar e Margarita Soto Pombar.
Aristides naceu en 1894 en Nogueira de Ramuín e matriculouse no instituto en 1908 onde cursou dous anos para, depois solicitar traslado á Normal de Pontevedra. Logo exerceu de mestra en Sas de Pendás, en Cea, na Peroxa, Maside, Melón, etc.
Margarita naceu en Carballiño en 1892 e en 1908 aos dezaseis anos matriculouse no Instituto onde cursou dous anos e logo solicitou traslado á Pontevedra e rematou a carreira de maxisterio en 1921. Casou con Delmiro Pereira Rodríguez e desempeñou o maxisterio en diversas escolas da provincia.
Mercedes naceu en Proendos, Lugo, o 22 de setembro de 1897. Fixo o exame de ingreso no Instituto o 21 de setembro de 1914 pero no expediente consta que fixo un só curso.
Josefa naceu o 2 de xuño de 1902 e aos 16 anos, o 6 de xuño de 1918 realizou o exame de ingreso no Instituto Xeral e Técnico de Ourense matriculándose despois nos seis cursos por oficial. Obtivo sobresaliente en gran parte das materias como Relixión, Latín, Xeografía especial de España, Francés con premio, Historia Universal, Álxebra e Trigonometría. Tamén obtivo numerosos notables. O 10 de xaneiro de 1925 solicitou certificado para a Normal de Ourense e expediu o título de Bacharelato e o título de Maxisterio. Exerceu como mestra pero faleceu o 26 de marzo de 1955.
Hai que dicir que entre as doazóns que deron ao Asilo de Horfos de Ourense está a de Sara Soto Pombar, falecida en Ourense o tres de novembro de 1985. Cedeu ao Asilo o inmoble da Avenida da Saínza.
Vid: Cid Galante, Rosa María e Benso Calvo, Carmen, Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930), Revista Historia de la Educación, 26,2007.
Hernández Figueiredo, J.R., Las Hijas de la Caridad en Ourense. Beneficencia y enseñanza (siglos XIX y XX), Deputación Provincial de Ourense, 2007, p. 327.