Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
07 marzo 2011
ELVIRA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ
É a primeira muller que estuda no Instituto Provincial. Ingresa no centro en 1884. Para facelo tivo que ser autorizada polo director Xeral quen tamén tivo que autorizar para que se lle confirmase o grao de bacherel. No curso 1886-87 expídeselle ocertificado especial pola secretaría.
Vid: Bande, E., Institucións docentes e grandes mestres en Ourense (1846-2005), Galaxia, Vigo, 2010, p. 97.
Etiquetas:
Bachillera de comezos de século XX,
Pioneiras,
R