Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
17 octubre 2010
TAREIXA LOURENZA
Outra interesante mostra de concienciación feminina. No ano 1457 preséntase esta muller e o seu home perante o Reitor da igrexa de Santo Tomé de Maside coa intención de expresar o desexo mutuo de anulación matrimonial. Argumentan que o seu matrimonio foi realizado sendo menores de idade. Así o relatan:
"...que podía aver oyto annos
pouco mays ou menos que elles
anbos ouveran palabras de casamento
non sendo elles de ydade conprida e que foran feitas
contra vontade da dita Tareyja Lourença e contra o seu
defendemento non querendo ella consentyr en ello
salvo por premea e engano de outras persoas
e que foran anbos juntados en pousada e deytados
en cama e nunca poderan aver
juntamento de copulla carnall
nen aver consebudo para fezeren
jeneraçon querendo llella deus dar
por llas quaes razoes avian moyta
descordia e mall e se temya de
ao adeante se seguir mais dano
e ynpedimento asi das almas como
dos corpos e d avenças e outros
viyren a ocasion de mortes e de
peligros por causa delles"
O vicario, vistos os argumentos, concédelles a liberdade.
Vid: Pallares Méndez, Mª C. e Portela Silva, E., "De Xelmírez aos irmandiños. A Galicia feudal (séculos XII-XV)", Gran Historia de Galicia, Tomo V, Volume 2, pp. 136-137.