Aprobou as oposicións de maxisterio en 1934 e foi de mestra para Viveiro. Traballou como docente na Escola unitaria mixta de Olás (A Merca) entre 1938 e 1943, Escola de Formiche Bajo (Teruel) entre 1944 e 1946, Escola de Orga (Celanova) entre 1946 e 1950, Escola unitaria de Viveiro entre 1950 e e 1953 e na Escola unitaria de Xunqueira de Espadañedo entre 1953 e 1983.
Mostrou interese por arranxar as escolas polas que pasou. Chegou a reunir ao pobo para que se renovasen os bancos da escola de Orga e na escola de Xunqueira, xunto co seu home, instalaron o comedor escolar. Unha vez xubilada, impartiralle clases a un mozo diminuído físico.
Solicitou a dirección do Colexio Curros Enríquez de Ourense pero o Inspector Xefe vetouna, pois tras unha operación de cataratas non recuperou a vista. Aínda así foi aprender Braille á ONCE para poder seguir coa súa paixón, a lectura. Manifestou, sempre, gusto pola Literatura e a Historia.
Entrevista a Otilia Ortiz (MUPEGA)
Vid: MUPEGA, Educadores gallegos: historias de vida profesional: Otilia Dóniz Álvarez, Gravación en DVD (Fondo MUPEGA), Santiago, Xunta de Galicia, 2005.
MÉNDEZ LOIS, Mª José, (Coord.), Mulleres na educación en Galicia, MUPEGA, Xunta de Galicia, 2009, p. 94-95.
El Pueblo Gallego, 5 de outubro de 1934, p. 7.