Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
10 abril 2009
ELISA NOGUEIRA
Elisa Nogueira foi elexida alcaldesa de San Cibrao no ano 1979. Foi unha das poucas mulleres que, unha vez rematada a ditadura e emprendido o período democrático, accederon ao mundo da política chegando a ocupar un cargo importante para aquel entón. Elisa Nogueira foi rexidora do concello de San Cibrao durante unha trintena de anos de xeito ininterrumpido. Como ela dicía, houbo de compaxinar a vida política coa familiar que non era doado pero, se unha se propón, pódese facer. Daquelas, en 1979 dos 95 municipios da provincia só ela e Pilar Otilia López eran as alcadesas.