Etiquetas

08 abril 2009

MARIA LUZ RIVERA

Nace en Ourense. Comezou os seus estudos na súa cidade natal. Posteriormente trasladouse a Madrid, para estudar con Matilde Urtiaga e acabou brillantemente a carreira no Real Conservatorio Superior de Música, na cátedra do profesor Guillermo González. Realizou numerosos cursos de perfeccionamento con distintos mestres como Alicia de Larrocha, Gyorgi Sandor, K.H. Mrongrovius, J. Achúcarro... Obtivo galardóns como o Primeiro Premio "Xoves Intérpretes" 1990, de Galicia. É licenciada en Filosofía e actualmente desenvolve unha investigación musicolóxica sobre a obra de Ernesto Halffter e as vangardas do século XX en España. Destaca como concertista en grupos de música de cámara ou como solista, especializándose en música española. Entre os seus concertos como solista, destacan as súas actuacións en distintos auditorios de América Latina, Alemaña (Weimar, Casa de Beethoven en Bonn, Hochschule für Musik de Colonia), Kuwait, Italia, etc. Desde 1996 é profesora no Conservatorio Profesional de Música de Alcalá de Henares (Madrid). Entre as súas actividades destaca a gravación dun disco de música española contemporánea que recupera a obra de Sebastián Albero.