Rematado o Bacharelato solicitou un Certificado para o traslado á Universidade Central de Madrid e alí estudaría a carreira de Odontoloxía. Foi alumna de Severo Ochoa, Juan Negrín e Rafael Méndez. Rematados os estudos en 1933 comezou a traballar como odontóloga na cidade murciana de Lorca. Sería Felisa a primeira odontóloga que exerceu en Murcia, converténdose nunha pioneira nesta cidade.
Precisamente en Lorca constituiuse o Sindicato Único de profesiones liberais e Felisa formou parte da Xunta administrativa ocupando o posto de vogal primeira. Era unha muller de convicións republicanas e moi ligada aos movementos de esquerda. De feito, a ficha do Centro Documental da Memoria Histórica indica:
Instala a súa consulta na rúa Álamo de Lorca. A súa significación de esquerdas fai que sexa represaliada durante dous anos no seu domicilio. Casou con Ambrosio Mulero e tiveron dous fillos.
Felisa sempre mantivo as súas convicións e malia estar reprendida na súa casa ela aproveitaba para saír dela e atender aos seus pacientes.
Faleceu aos 98 anos .
Elaboración propia a partir de diversas fonte. Vid: Cid Galante, Rosa María, Tese de Doutoramento e estudo dos Expedientes de secundaria. Heraldo de Zamora, 27 de maio de 1922, p. 2; Diario de Burgos, 4 de xullo de 1908, p. 1; La Región, 19 de maio de 1925, p. 1; La Región, 2 de outubro de 1927, p. 8; "Matrimonios", Heraldo de Zamora, 4 de abril de 1904, p. 3; Heraldo de Zamora, 14 de xuño de 1924, p. 2; Heraldo de Zamora, 12 de xuño de 1926, p. 3; El Liberal, 1 de maio de 1937, p. 2; Valero de Torres, Antonio, "Tres lorquinas ilustres", Cosas de Lorca. foto da entrada extraída de Antonio Valero; Botías, Antonio, "Las pioneras que tanta salud dieron como gloria le negaron", La Verdad,; La Verdad, 9 de xuño de 2006, p. 67; La Opinión de Murcia, 12 de abril de 2004, p. 12.