Etiquetas

12 enero 2024

PATRONATO DE PROTECCIÓN ÁS MULLERES EN OURENSE.

Acaba de saír un libro recentemente que aborda o tema de como o franquismo levou a cabo, inmediatamente do golpe, a implantación do seu réxime naqueles lugares e territorios que non ofreceran demasiada resistencia. Esta publicación, titulada Galicia, un golpe sin cuartel, una guerra sin trincheras, dirixido por Francisco J. Leira explícanos como en Galicia comezan os primeiros ensaios da política represora por ser un dos primeiros territorios que caen baixo o poder dos golpistas.  Mención especial merece o capítulo dedicado a como as mulleres se viron rapidamente subxugadas e no tocante a este tema tivo un papel relevante o Patronato da Protección ás Mulleres que tiña como misión o control férreo sobre elas para que non se desviaran do seu cometido así como o de corrixir os comportamentos considerados indignos. 


Realmente estamos a falar dun correcional de mulleres, sobre todo daquelas que non encaixaban nos moldes do réxime cuxa máxima era eliminar todo vestixo da igualdade xurídica con respecto aos homes que a República lles outorgara e establecer un control rigoroso de carácter patriarcal.

No Boletín Oficial consta que a creación do Patronato foi en 1941 pero este organismo xa existiu con antrioridade. O Real Decreto de xullo de 1902 creara no Ministerio de Xustiza o Patronato Real para a Represión da Trata de Brancas, reformado logo polos Reais Decretos do trinta de maio de 1904 e 15 de abril de 1909 e disolto e reorganizado durante a República por decreto: Decreto reorganizando el disuelto “Patronato Real para la represión de la trata de blancas”, con el nombre de “ Patronato de Protección a la Mujer" (Gaceta de Madrid, 12 de setembro de 1931). No seu artigo 2 é onde se desenvolve a finalidade deste novo organismo:

Artículo 2.° Para obtener la finalidade expresada en el artículo anterior,
el Patronato tendrá las facultades siguientes, delegadas del Gobierno:
1.Adoptar medidas protectoras en favor de las mujeres que se desenvuelvan en medios nocivos o peligrosos, y estimular el interés social para que sea eficaz la tutela y amparo de la mujer abandonada y muy especlalmente de la menor de edad.
2.Instar el descubrimiento de los hechos delictivos relacionados con la
corrupción y tráfico de las menores conocido con. el nombre de “ trata ds
blancas”.
3.Denunciar a los Tribunales los referidos hechos, requiriendo la intervención del Ministerio fiscal en los procedimientos que se incoen e interesar de las Autoridades en general la adopción de medidas protectoras de la juventud femenina.
4.Ejercer las funciones de vigilancia, tratamiento y tutela sobre aquellas menores que los Tribunales y.Autoridades le confíen y sobre las que al efecto le sean entregadas por  particulares.
5.Velar por la persecución de los delitos o faltas cometidos mediante publicaciones obscenas, y proponer medidas que impidan la circulación, exportación e importación de objetos y publicaciones pornográficas.
6.Procurar el cumplimiento de las disposiciones nacionales relacionadas con los fines del Patronato y de los acuerdos internacionales de igual clase ratificados por España. 
7.Proponer al Gobierno las reformas legislativas que estime necesarias y la adopción de las de carácter judicial o gubernativo que entienda adecuadas, así como aquellas otras precisas al cumplimiento de los acuerdos internacionales ratificados por España.
8.Proponer al Gobierno fuentes de ingreso para el sostenimiento de las atenciones del Patronato e interesar a la acción privada a fin de que contribuya al sostenimiento económ ico del mismo.
9.Centralizar y organizar los servicios relacionados con la pornografía y con la protección de menores y comunicar directamente con las Autoridades, Centros y Dependencias nacionales y extranjeras y con los organismos similares, así oficiales com o privados.

As funcións do patronato estaban exercidas por un Consello e en cada provincia habería unha Delegación. Este subsistiu ata o 25 de xuño de 1935 ano no que se disolveu encomendado as súas funcións ao Consello Superior de protección do menor.

O Decreto do 6 de novembro de 1941 reorganizou o Patronato de novo e, acudindo ao Boletín Oficial provincial indicábase no artigo 2 a composición da directiva entre os que figuraban unha Presidenta de Honra e unha Vicepresidenta. Logo había membros da xerarquía eclesiástica, da Falanxe, da Sección Feminina, mulleres de Acción Católica, subsecretarios de Xustiza.

O obxectivo principal deste organismo indicábase no artigo 4 no que dicía que a finalidade do Patronato sería a dignificación moral da muller, especialmente das mozas, para impedir a súa explotació, apartadas do vicio e educalas con arranxo ás ensinanzas da Relixión Católica. Para iso entre o Patronato tiña que adoptar medidas protectoras en favor das mulleres que se desenvolvían en medios nocivos.

En cada capital de provincia tiña que haber unha Xunta de Protección á Muller que estaría presidida por mulleres e persoeiros vinculados ao réxime (Boletín oficial de la provincia de La Coruña: Número 270 - 1941 decembro 1, pp. 1-2).

En 1952 sae unha nova lei, a do 20 de decembro, sobre a reorganización dos Patronatos e as súas funcións e establece unha vixilancia ás mozas entre 16 e 25 anos para educalas cristianamente e adoptar medidas de tutela e internamento no caso que fose preciso. No seu artigo 4 establecía: "Atender á rexeneración das mulleres caídas, cuxo internamento en establecementos adecuados poderá levar a cabo por si o Patronato na forma e cos requisitos previstos no capítulo cuarto desta lei" . No ano 1956 se establece pola Orde do 23 de abril que o Patronato se encargará de "rexenerar" ás mulleres que exercen a prostitución.

En Ourense constituiuse a Xunta de Protección á muller e xa en 1949 recibía do Goberno Civil a cantidade de 1000 pesetas para o gastos de funcionamento. Tal como se indicaba no Decreto, a directiva estaba formada por diversos cargos institucionais:

Presidía a Xunta o Gobernador civil, José María Lopez Ramón.

Miguel Riestra Paris como vicepresidente

Luís Pérez de Juan, como secretario.

Julio Rivera Rodríguez e María Teresa Fernández Domínguez como vogais.

A Comisión Permanente compúñana:

Miguel Riestra Paris como vicepresidente primeiro.

José Conde Moure como vicepresidente segundo.

Fernando Seoane Rico como representante del ministerio fiscal.

Vogais: Josefina Boceta de Navarrete que era á súa vez Presidenta das mulleres de Acción Católica e presidenta do Consello Diocesano de Mulleres.

             María Dolores Cid de Pérez

             María Teresa Fernández Rodríguez

             José Benito Vázquez Gil.

             Manuel Caride Caride

             Julio Rivera Domínguez.

No ano 1971, segundo orde do Ministerio de Xustiza nomeouse como vogal a María Victoria Méndez Brandon de Olivie.

En Ourense había, en 1950, oito casas de lenocinio e 61 mulleres dedicadas á prostitución, digamos, "autorizada", segundos e recolle da tese de doutoramento de Carmen Guillén. O Centro que acollía o Partronato estaba rexentado polas Hermanas Oblatas del Santísimo Redentor que cedían as súas instalacións xa que a Patronato ourensán non contaba con edificio propio. 

(Elaboración propia a partir de diversas fontes.Vid : La Región, 11 de xaneiro de 1949; La Región, 29 de xullo de 1969, p. 14; La Región, 16 de outubro de 1969, p. 13; BOE, 19 de abril de 1971, p. 6359. Guillén, Carmen, El Patronato de Protección a la Mujer: Prostitución, Moralidad e Intervención Estatal durante el Franquismo, Universidade de Murcia, 2018, p. 365.)