Temos que destacar que Adelaida, ademais de mestra, tiña outra vocación, a de escritora. Colaborou na revista Sonata Galega compartindo espazos coas insignes e habituais Pura Vázquez, Herminia Fariña, Matilde G. de Lloria, Victoria P. Ozores...e, por suposto, ilustres intelectuais e poetas. A Revista tiña o seguinte subtítulo: Publicación Céltiga e Revista de Galicia. Exponente literario y artístico de la región. Apareceu en Pontevedra en 1944 e tivo unha continuidade ate 1949, se ben é certo, ao comezos tiña periodicidade de catro exemplares por ano que coincidían coas catro estacións, a partir de 1946 a edición foi irregular ata que o último número sería o publicado en decembro de 1949. O seu director era Ramón Peña e nela colaboraban importantes escritores de Galicia como Blanco Amor, Cabanillas, Otero Pedrayo, Risco, José María Luengo... Outro aspecto a destacar da revista eran as ilustracións que estaban realizadas por artistas recoñecidos e, entre as mulleres artistas que colaboraron, podemos destacar a María Rius.
Adelaida colaborou no apartado literario e fixo a súa achega de poemas en tres número de Sonata Gallega, en concreto, no número Inverno de decembro de 1944; no número de Estío de 1945 e no número 11 de 1949.
O seguinte poema foi publicano na revista número Invierno de decembro de 1944, trátase da primeira colaboración que fixo Adelaida para a revista. (A transcrición é totalmente literal)
Gratitud al inviernoPaisaje sin flores, ambiente nevadoDe dulces amores mipecho has colmadoViniste a traerLa dicha a mi vida con bellos coloresMas bellos que notas de los ruiseñoresAl amanecer.
Con suave ternura besando la nieve
El viento murmura de modo tan leve,La dulce canciónQue es nave del alma buscando venturaEn alas de ensueño que encantos procuraA mi corazón.
El blanco ramaje con galas de bodaNos muestra el encaje que el hielo acomodaCon tul de cristal,Hermosa presencia reviste el paisajeSilueta de novia, perfil de su trajeEn ritmo nupcial.
Con estalactitas de enea soñadaColumnas bonitas el viento y la heladaJugando formó,Adornos colgantes que mil lucecitasDespiden, en torno a las vidas marchitasQue el tiempo secó.
Escarcha y rocío en noches de lunaMurmullo del río meciendo la cunaDe fría humedad,Penachos de niebla, cruzados con gríoCubriendo el espacio de blanco atavíoMi canto escuchad.
Paisaje sin flores, ambiente nevadoDe dulces amores mi pecho has colmado,Viniste a traerLa dicha a mi vida con bellos coloresMas bellos que notas de los ruiseñoresAl amanecer.
Adelaida continuou colaborando na revista e no número Estío de xuño de 1945 publicou este poema cheo de nostalxia:
Tu perfume es un recuerdoQue dejó imborrable estelaJunto a mí.Juega alegra con el vientoY envolviéndome su esencia¡Soy feliz!
Tiene aromas de cariñoEnlazadas con la brisaMatinal.Tu perfume encierra el brilloDe ojos puros que acaricianPara amar.
Su fragancia vaporosaDe jardines y de FloresMe embriagó.Y en su encanto mi alma gozaCon las gratas ilusionesDel amor.
Tu perfume es un recuerdoQue dejó imborrable estelaJunto a mí.Juega alegre con el vientoY envolviéndome su esencia¡Soy feliz!
No correspondente ao número 11 do ano 1949 a colaboración faina cun bonito poema en galego, titúlase "¡Volve, sen qu´eu te chame!" e é un poema de amor no que lamenta a ausencia do seu amado e reclama que volva para recuperar a luz. Está estruturado en tres estrofas de oito versos con rima consoante alternante. Está na liña do desamor que a envove de tristura, unha tristura que nos leva a insigne Rosalía.
Denque ti te foches, eu de recordos vivoE sinto alá n´a yalma continuo sofrimentoE teño aquí no peito o corazón cativoSin nadie que mitigue este fero tormentoSin ti eu non comprendo, sin tí eu non conciboNin o canto d´a mar, cando mormura o ventoNin qu´os paxaros trinen con doce melodíaNin quen poida alegrarse cand´amanece o día.
Trestura e mais trestura. Ausencia d´os amoresQu´o meu querer profundo repreto d´ esperanzaBrindou con acentos de alegres roiseñoresO peito que contigo fixo unha firme alianzaE dond´a vida puxo os mais vivos coloresDe dous que ben se queren con prena confianzaEu sei que non m´olvidas mais choro prisoeiraD´o tempo que te leva lonxe da miña beira.
Volve sin qu´eu te chame anxo d´a miña vida!Mensaxeiro feliz d´aurora sospiradaVolve pra alimenar a lámpara encendidaSe non queres topala a´scuras y apagadaVolve que teño medo de ver pra tí perdidaA muller que deixaches aquí tan namorada.¡Volve sin qu´eu te chame! Desipa estos temores.¡Non quero que s´acaben os meus e os teus amores!
O Maestro de Vilaboa
Disque a tua Vila e Boao meu Rio, e tamén BóBoa a Vila e Bo o RioVilaboa e Riobóo.Riobóo e Vilaboaentrambos ós dous son bósBo o Rio, e Boa a Vila,Vilaboa e Riobóo.Se o Rio e Bo, a Vila e Boa¿Cal dos dous será millor?...Boa a Vila, e Bo o RioVilavoa e Riobóo.Riobóo e Vilaboalonxe están coma en prisión.Mais o tempo ha de axuntalosVilaboa e Riobóo.
Adelaida escribiu poesía ata a súa morte. Faleceu o 16 de xaneiro de 1988 e un mes antes escribiu o seguinte poema que me facilitou Juliana:
Desde aquí quero expresar o meu agradecemento sinceiro a Juliana Freire Vallejo por ofrecerme información sobre a súa nai, as fotografías e os poemas manuscritos. Sen dúbida, unha grande homenaxe para Adelaida.
Entrada suxeita a propiedade intelectual. Prohibida a súa copia, descarga, reprodución ou publicación.
(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid: La Región, 2 de agosto de 1945; El Correo gallego, 1946 setembro 4, p. 4; El pueblo gallego, 12 de xaneiro de 1955, p. 4; El pueblo gallego, 30 de xullo de 1955, p. 9; El Ideal gallego, 18 de maio de 1950; Sonata gallega : una publicación de Céltiga: Número Invierno, decembro de 1944, p. 36; Sonata gallega : una publicación de Céltiga: Número Estío, xuño de 1945, p. 44; Sonata gallega : una publicación de Céltiga, Número 11, 1949, p. 54; Entrada Sonata Gallega, en Wikipedia Fotografía da entrada cedida por Juliana Freire.)