Etiquetas

01 junio 2010

EMILIA ÁLVAREZ ÁLVAREZ


Naceu en Trado, Cortegada, o 10 de marzo de 1910 e era filla de José Álvarez Puga, médico e a súa nai era Isolina Álvarez Pérez. Como as súas irmás, Isolina e Remedios, emprenderá os estudos de bacharelato. Cando tiña 12 anos fixo o exame de ingreso no Instituto de Pontevedra e no curso 1922-23 matriculouse no Instituto de Ourense nas materias de Lengua Castelá, Xeografía Xeral e de Europa e Nocións de Aritmética e Trigonometría. O 23 de xaneiro de 1924 solicitou unha Certificación de estudos para trasladarse ao Insituto de Santiago onde rematou o bacharelato. 

Cando tiña 17 anos, en 1927, matriculouse por oficial na Facultade de Farmacia en Santiago onde realizou os cinco cursos licenciándose con brillantes resultados en 1933. 
Demostrou ter unha admiración polas grandes eruditas galegas como, por exemplo, Concepción Arenal, sobre quen impartiu unha conferencia na Casa Social de Santiago titulada "Una sencilla semblanza de Concepción Arenal". Segundo a prensa:

"La Señorita Álvarez, tuvo la discretísima postura de manifestarse, no como reveladora de una figura presentada en la publicadad, por conocidos hombres de ciencia, sino que apartándose de la obra de estos...Espigó especialmente en los libros Manual del Visitador del pobre; Manual del Visitador de Preso y sobre todo el volumen denominado Cuadros de la guerra, donde la excelsa socióloga ha vaciado toda su ternura....La oradora fue muy aplaudida y felicitadísima. Así la mujer gallega va incorporándose a la vida de nuestra intelectualidad, dando cada día más relevantes pruebas de afán y del provecho con que se capacita para ello" (1).

No ano 1933 casou en Cortegada con Fermín Bouza Brey, xuíz da Estrada ademais de erudito, galeguista e un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos. O matrimonio tivo cinco fillos/as, Emilia, María Luísa, Fermín, Isabel e José.

Emilia rexentaría unha farmacia na rúa do Vilar, número 54, en Santiago de Compostela. Aínda en 1966 seguía exercendo de farmacéutica. 

Foi  unha fervente defensora da función farmacéutica pois así o demostrou cando escribiu un artigo, ao estilo dunha misiva, dirixida a Máximo Sar que, nun artigo publicado o 21 de marzo de 1963 no periódico La Noche cuestionaba a formación e o labor dun farmacéutico atendendo ao estudo que tiña que facer un coñecido estudante de Farmacia chamado Gómez. Neste artigo, escrito a xeito de diálogo, dicíanse Don Máximo e o Señor Gómez que para que era preciso aprender fórmulas ou derivados químicos se nunha farmacia tan só había que dispensar medicinas. Por esa mesma razón tamén un vendedor de ultramarinos tiña que pasar pola Facultade de Ultramarinos. Pois ben, Emilia criticou con certa vehemencia o artigo escrito polo Sr. Máximo Sar. Di que descoñece totalmente a función do farmacéutico e defende que este debe actuar con ética e responsabilidade. Debe coñecer a lexislación vixente para saber se é preciso dispensar ou non un medicamento. Así mesmo, tamén debe ter a capacidade de realizar as precisas mesturas aplicando a formulación para elaborar un produto curativo e remata dicindo:

Si alguna vez se reconcilia usted consigo mismo, le invito a pasar por los Laboratorios de la Facultad de Farmacia y admirar ese plantel admirable de alumnos que al calor de la ciencia de sus Maestros, laboran en la investigación para el bien sanitario de la Humanidad. Cada especialidad que bajo nuestra responsabilidad se despacha existe el nombre de un compañero Farmacéutico, a quien las fórmlas no le han despachado de su lugar, como al señor Gómez. También le invito a pasar por mi humildísima Oficina de Farmacia a fin de comprobar el lugar que le corresponde al Farmacéutico que en su relación con el público mantiene el tono Universitario que le incumbe… (2)

(1)"La mujer gallega y su acción social", Vida gallega : ilustración regional, 31 de xaneiro de 1930. (2) Álvarez y Álvarez, E. (1963, 23 marzo). Réplica a Máximo Sar y a su amigo el Sr. Gómez. La Noche, p. 7-8.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese inédita. Cid Galante, Rosa María.As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004 , pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003, pags. 139-156; Bautizo. (1942, 25 febreiro). El Correo Gallego, p. 2; Bautizo. (1948, 12 setembro). El Correo Gallego, p. 2.