Naceu en A Rúa o 9 de abril de 1896 e o 7 de xuño de 1913, cando tiña 17 anos, realiza a proba de ingreso no Instituto ourensán. Finalizados os estudos na Normal onde foi premiada con matricula de honra, presentouse ás oposicións superándoas en 1920 e logo comezou a exercer sendo un dos seus primeiros destinos a escola de nenas do pobo Feira do Monte en Cospeito.
Casou con Herminio Anllo Muinelo e tiveron dous fillos, Augusto que estudou mediciña, e Herminio que estudou avogacía.