Etiquetas

30 abril 2023

BEATRIZ LORENZO (LARA BELI)


Naceu en Ourense en 1982 e actualmente reside en Madrid. Estudou Dereito e Periodismo e MBA por IE Business Schoolespecializouse en comunicación xurídica e corporativa, mais a súa paixón é a escritura. A súa vocación empurrouna a comezar a publicar unha serie de novelas por medio de Amazon empregando como seudónimo o nome de Lara Beli. 

Xa leva tres novelas "La terquedad de las estrellas"; "Un plan imperfecto" e "El hilo dorado". Foi con esta última, publicada en 2020, coa que conseguiu ser finalista do Premio Literario de Amazon. A novela descurre no contexto da Segunda Guerra Mundial, na Francia ocupada. Está sendo unha das novelas máis lidas e estivo durante cento vinte días na lista das máis vendidas.

Se Beatriz comezou facendo novela de temática romántica agora comezou, con éxito, a novela histórica, xénero que vai seguir abordando na seguinte obra que xa está comezando. Para iso leva a cabo un exhaustivo estudo histórico pois require que o contexto estea ben forxado.

Ademais de escribir ten outras ocupacións como facer informes para empresas e agora tamén está barallando a oferta que lle chega para traducir obras.

Estamos seguras que a súa carreira irá a máis.

Vidl La Voz de Galicia