Natural de León (Santibaños?) pero estivo exercendo de mestra en Ourense onde foi represaliada e apartada da ensinanza. Tiña o título elemental de maxisterio acadado en 1915 tras revalidarse na Normal de León Exerceu de interina en diversas escolas de León e de Lugo (na escola da Pastoriza) e en 1921 déronlle a praza na escola de Sanmartín en Ribas de Sil. Pero anos máis tarde regresou a León. En 1928 estaba exercendo en Corrales de León e solicitou permuta coa maestra de Castillo en Canarias segundo consta no BOE do 23 de outubro de 1928. En decembro figuraba como mestra provisional na escola de La Cabia nas Palmas e en 1933 na de Castillo en Garafia, Tenerife.
(El Magisterio Español, 7 de novembro de 1928. De Galiciana)
Regresou a Ourense e en 1933 ocupou a praza na Veiga de Cascallá en Rubiá e figura como socia da Asociación de Mestres de Ourense, unha das maiores agrupacións de docentes que solicitaban melloras nas condicións escolares e do maxisterio.
Coa chegada da ditadura sufríu a represión e foi apartada do ensino co cese inmediato e perda dos seus haberes. Ela solicitou en 1938 a revisión do seu expediente de depuración para tratar de incorporarse á docencia pero segundo o edito do 24 de abril de 1940 asinado por José Ibáñez Martín, foi rotundamente apartada da docencia e dada de baixa no escalafón por ser considerada socialista.
Non podemos aseguralo pero pode que Rufina fose irmá de Alejandro González Ordás que era miliciano combatente do norte e de Moisés González Ordás, mestre en Oviedo que tamén foi expedientado.
(Elaboración propia a partir de diversas fontes)
Vid: Boletín Oficial da provincia de Lugo, 15 de xuño de 1920; 22 de xuño de 1917; 8 de xaneiro de 1917; Norte de Galicia, 25 de maio de 1917; 29 de novembro de 1917; Noticiero Gallego, 25 de xuño de 1919; La Región, 2 de novembro de 1938; 8 de maio de 1940; Ministerio de Cultura e Deporte, Centro Documental de la Memoria Histórica, DNSD-SECRETARÍA,FICHERO,28,G0256072-73 e 74.