Etiquetas

15 agosto 2021

MARUJA GÓMEZ IGLESIAS

Maruja Gómez foi escollida Miss Ourense en febreiro de 1933 cando tiña 19 anos. Logo acudiría ao concurso de misses de Galicia que se celebrou en Vigo competindo coa recoñecida Emilia Docet e ambas as dúas presentaranse ao certame Nacional de Misses.

Por aquel entón neste tipo de concursos ensalzábase a elegancia, a naturalidade e o comportamento recatado destas mulleres. Eran moi recoñecidas e eloxiadas socialmente sendo o centro de atención alí a onde acudían. As autoridades locais rendíanlles homenaxes e dábanlle agasallos

Para Maruja Gómez significaba un orgullo  representar a Ourense: "Para mi es un gran orgullo, quiero tanto a Orense. Yo que vivo encantada en nuestra ciudad que siento hoy una gran complacencia suma...".












_________

Vid: El Pueblo gallego, 5 de febreiro de 1933 febreiro 5; El Pueblo gallego, 9 de febreiro de 1933; Vida Gallega, 20 de febreiro de 1933, p. 12;  10 de xullo de 1933, p. 17