Etiquetas

15 marzo 2020

EVA MENDOZA

Naceu en Ourense en 1978. Licenciouse en Periodismo e Humanidades e ten un Master de Xestión Cultural e outro en Artes e Novas Tecnoloxías.

Eva é unha artista que se introduce no mundo da innovación artística e á que lle gustan os proxectos amplos e altamente narrativos, valéndose da fotografía, o video e tamén do net-art.
Actualmente dedícase profesionalmente a levar o comisariado de exposicións, actividade que simultanea coa creación artística.

A súa arte é difícil clasificar e encasillar e non se vincula a ningún movemento pois para ela a arte non ten verdades absolutas.

Como muller inqueda vai tamén a terras de América a inspirarse e a participar en eventos.
Na súa traxectoria hai numerosas exposicións individuais e colectivas.

Vid: Gómez Limia, Rosa e Núñez Sánchez, Patricia, 100 mulleres galegas. Artistas emerxentes, Santiago, Xunta de Galicia, 2010, p. 136-137.