Naceu en Albarellos o 23 de xaneiro de 1910. O seu pai era propietario de terras. En 1924, cando tiña 14 anos ingresa no Instituto Xeral e Técnico de Ourense e alí estudaría por libre desde o curso 1923 ata 1927. No ano 1927 expide o título de Bacharelato e tamén solicita o Certificado de traslado á Universidade de Santiago. Matricúlase na Facultade de Ciencias de Santiago pero só realiza un curso o que fai pensar que finalmente desistiu continuar. Algo que non era raro pois moitas mulleres tiñan que loitar contra as opinións públicas do momento e acababan rendéndose ás imposicións sociais. Non obstante, non debemos deixar de ensalzar o seu interese e valentía, como neste caso. Así pois, consideremos a dona Alicia tamén pioneira ourensá.
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
25 marzo 2018
ALICIA ROMERO GALLEGO
Etiquetas:
Bachillera de comezos de século XX,
Pioneiras,
Primeiras Universitarias,
R