En agosto 2015,
asistiu ao 8th Nordic Music Therapy Congress que se celebrou en Oslo, Noruega
entre os días 5-8 de agosto, para presentar o seu MODELO CASA BAUBO. A&S.
INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA EN MUSICOTERAPIA. Combina o seu labor de Presidenta da
APM. Asociación Profesionais de Musicoterapia, España e Presidenta de AGAMUS,
Asociación Galega de Musicoterapia para a difusión, consolidación e
recoñecemento da profesión de musicoterapia en Galicia, España e Europa EMTC.
European Music Therapy Confederation, co seu traballo de investigación
científica en musicoterapia e neurociencias clínicas; profesora do Master de
Medicamento Natural da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de
Compostela USC, Destacando a súa faceta como intérprete vocal, no seu Proxecto
Musical Sinestésico que propón novos paradigmas e a representación sonora das
diferentes personalidades. Foi presentada en diversos espazos e escenarios
como: Auditorio Municipal de Ourense, Escola de Verán de IMAP de
Vitoria-Gasteiz; Teatro Casino Liceo de
Santoña, Ateneo de Santa Celoni, etc. Quixeron colaborar neste proxecto
recoñecidos músicos, expertos improvisadores tales como: Enrique Oliver, Ton
Risco, Alejandro Vargas, Juan Carlos
Sanmartín, Victor Correa, Voro García, Francisco García-Álvarez, Jordi Rossy,
Albert Bover, Anton Jarl, Jordi Gaspar, Oriol Roca, entre outros.
No 9º Seminario
de jazz e Música moderna de Alhaurín de la Torre, propón ao saxofonista Pablo
García Veiga, director do Seminario e a EMMAT, un proxecto de colaboración
experimental para que a figura do-a profesional da Musicoterapia, forme parte do
equipo nos festivais, seminarios de jazz e outras Músicas, tamén como apoio ás
necesidades propias das e os Músicos e intérpretes.
Organizou o 1º,
2º e 3º SIJMT, Seminario Internacional de Jazz e Musicoterapia 2013, 2014 e
2015, proxectos pioneiros e de formato orixinal. Nestes seminarios participaron
e colaboraron prestixiosos Músicos tales como o histórico pioneiro da
Musicoterapia, o Dr. Even Ruud, o lendario músico intérprete e compositor Jorge
Rossy e o neurocientífico Dr. Robert Zatorre, ambos os profesores colaboradores
en casa BAUBO. EIMMT.CEISH O primeiro
SIJMT celebrado en Ourense en setembro 2013, serviu como prólogo ao Máster en
Musicoterapia de Galicia, que organiza a escola Casa Baubo. Formación en
Musicoteraia recoñecida de Interese Científico, pola Consellería de Sanidade do
goberno de Galicia; xunto coa formación Soando
desde a Raíz
O SIJMT,
Seminario Internacional de Jazz e Musicoterapia, foi apoiado-recoñecido de
Interese Científico, polas Consellerías de Sanidade e Educación do goberno de
Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, dirixe o seu propio
programa de tv dedicado á Música e a Musicoterapia. O recoñecemento do seu
intenso labor profesional, serviulle para conseguir número de rexistro para a
profesión da Musicoterapia para España no CNO.
Vid: Modelo Casa Baubo