Naceu en Ourense e reside en A Coruña. Meres Barreira é pintora de vocación e acuarelista por definición, xa que en canto descobre esta técnica, atopa o seu medio de expresión idóneo. Segundo as súas propias palabras, "a acuarela é a pintura do espírito", chea de matices e de posibilidades, perfecta para plasmar o universo interior da artista. Fórmase coa pintora Fina Mantiñán, que comezou a súa traxectoria artística en París, e é ela quen anima a Meres Barreira a probar a técnica na que atopa o seu medio perfecto de expresión: a acuarela.
Así, tanto nas
súas series abstractas como nas escenas figurativas, Meres expresa emocións
profundas, sen ningún tipo de máscara e cunha sinceridade absoluta, pintando
tal e como ela é ou sente nese momento.
Ademais, afástase
conscientemente do academicismo e opta pola experimentación, un feito que a
mantén traballando a diario no seu estudo. Esta faceta pódese ver,
principalmente, nas súas abstraccións, pola maneira innovadora de tratar a
acuarela, o uso de técnicas mixtas ou a propia elección do papel (por exemplo,
acuarela sobre papel negro).
Varias das
acuarelas de Meres Barreira foron seleccionadas en dúas edicións do Premio
Internacional de Pintura Xulio Quesada. Tamén expuxo as súas obras en galerías
e museos fóra das nosas fronteiras, en Francia (Premio Médaille da Ville en
2009) e en diferentes cidades europeas, como Bruxelas e Múnic.
Vid. La Opinión A Coruña
Meres Barreira