Lucía Sueiro é unha pintora galega nada en Ourense en 1954, fai Belas
Artes en San Fernando (Madrid), e realiza exposicións individuais e colectivas por España e parte
de Europa. Na actualidade reside en Vigo onde ten unha Galería de Arte (Galería Conde Sueiro)
na que está exposta a súa obra de maneira permanente xunto con exposicións
doutros pintores. Tamén expón obras das súas fillas Mónica e Vanessa.
Admira a pintores como Magritte, Caravaggio e Botticelli.
O estilo que máis lle atrae é o surrealista e tamén a abstacción. As súas pintures teñen forte colorido o que imprime entusiasmo. O debuxo chega a ser moi detallado e preciosista e noutros casos déixase levar polas fortes pinceladas sen debuxo previo.
Vid: Artistas da terra