Etiquetas

18 marzo 2012

ANTONIA GONZÁLEZ ALBARDONEDO


Naceu ás cinco da tarde do día 16 de abril de 1923 en Nocedo, Castrelo do Val, no seu dunha familia de clase media. Seu pai era Antonio González Barros que era contratista de obras públicas e era natural de Lillo, León. A súa nai chamábase Rosalía Albardonedo Rey que era do pobo de Rojas en A Coruña. A familia residía en Santiago e tiñan seis fillos.

Antonia realizou estudos no Instituto de Santiago de xeito gratuíto por orfandade. Estudou polo plan de 1934 e obtivo o título en 1941.

En 1940 Antonia ingresou na carreira de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago onde realizou os catro cursos por oficial para licenciarse en 1944 sacando na reválida un Notable. Ditos estudos realizounos de xeito gratuíto pois súa nai presentou un escrito de solicitude argumentando que Antonia era orfa de pai.

Antonia presentouse aos exames de verificación de Maxisterio e pasou a exercer a profesión.
Antonia formaría parte da SEU da Sección Feminina de Santiago.

Casou con José Guillermo González Castro e residiron en Madrid. Antonia faleceu o 27 de setembro de 2016 á idade de 93 anos.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Vigo, Universidade de Vigo, 2011.