Naceu en Vilagarcía o 26 de abril de 1911. Era irmá de María Exclavitud Abad e o seu pai era comerciante. Figura neste blog pois, coma a súa irmá, estudou no Instituto Provincial de Ourense onde fixo o ingreso en 1924 cando tiña 13 anos. Estudou por libre catro cursos para, posteriormente, trasladarse ao Instituto de Pontevedra e realiza unha reválida de sobresaliente.
En 1930 figura matriculada na Facultade de Filosofía de Santiago. Licénciase en 1934. En 1941 era profesora de Filosofía e Letras na academia Sigma de Vigo. Foi nomeada no ano 1944 profesora auxiliar no Instituto de Segunda Ensinanza de Vigo onde impartíu Xeografía e Historia. Estaba casada con Lorenzo Rodríguez Molins, tamén profesor e que falecería en xuño de 1963.