RECANTO DE REFLEXIÓNS

25 abril 2011

ROSA ABAD AMEIJEIRAS

Naceu en Vilagarcía o 26 de abril de 1911. Era irmá de María Exclavitud Abad e o seu pai era comerciante. Figura neste blog pois, coma a súa irmá, estudou no Instituto Provincial de Ourense onde fixo o ingreso en 1924 cando tiña 13 anos. Estudou por libre catro cursos para, posteriormente, trasladarse ao Instituto de Pontevedra e realiza unha reválida de sobresaliente. 

En 1930 figura matriculada na Facultade de Filosofía de Santiago. Licénciase en 1934. En 1941 era profesora de Filosofía e Letras na academia Sigma de Vigo. Foi nomeada no ano 1944 profesora auxiliar no Instituto de Segunda Ensinanza de Vigo onde impartíu Xeografía e Historia. Estaba casada con Lorenzo Rodríguez Molins, tamén profesor e que falecería en xuño de 1963.

Vid: Cid Galante, Rosa, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria" en Revista Minius, nº XI, 2003. Cid Galante, Rosa e Benso Calvo, Carmen, Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)Historia de la educación: Revista interuniversitaria, ISSN 0212-0267, Nº 26, 2007, págs. 437-470; El Pueblo gallego, 18 de xuño de 1930; El Compostelano, 28 de agosto de 1934; El Pueblo gallego, 5 de outubro de 1941; El Correo gallego, 14 de agosto de 1955; El Pueblo gallego, 2 de xuño de 1963.