Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
19 marzo 2011
MARÍA CONCEPCIÓN AÑEL REQUEJO
Naceu en Laza no ano 1874 e os seus pais eran labradores. Ingresa no Instituto Provincial de Ourense no ano 1911, cando tiña 37 anos, para cursar estudos de Maxisterio. Realiza tres cursos, un por libre e dous por oficial. Saca a cualificación de aprobado e solicita certificado de traslado á Escola Normal de Pontevedra.
Vid: Cid Galante, Rosa M., Muller e educación en Ourense, 1900-1930, Tese inédita.