Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
17 febrero 2011
JUANITA PINTADO
De novo volvemos a Valdeorras e outra información facilitada dende alí por Gustavo Docampo fala desta muller tan representativa. Naceu no Barco de Valdeorras no ano 1913 e era poeta e xornalista. Emigrou a Arxentina no ano 1924 e alí casou con Juan Carlos Morelli, director de Turismo e Parques da provincia de Bos Aires. En 1952 o matrimonio trasládase a Punta del Este en Uruguai onde crean o Hotel Gorlero nun edificio emblemático desa cidade. A súa filla é directora do Festival de Cine de Punta del Este.
Vid: Juanita Pintado, La Región
Entrevista realizada pola súa filla Alejandrina Morelli