Casaron en 1928 en Madrid, na intimidade pois a familia de Raquel gardaba loito. Tiveron un fillo, Ignacio, tamén dunha vida exitosa e unha filla, María Pilar. O matrimonio residiu en Madrid e Raquel era a presidenta da Xunta de Damas da Nosa Señora de Loreto pois era unha muller devota e moi tradicional e conservadora. O matrimonio viña con frecuencia a Galicia, tanto a A Coruña onde tiñan numerosas amizades como a Viveiro ou Valdeorras.
(Fonte: "Próxima boda" (11 de abril de 1928). El Pueblo Gallego, p.7)
Vid; www.mispueblos.es/galicia/orense/vilamartin/noticias; "Una boda" (9 de maio de 1928). El Pueblo Gallego, p. 9.