RECANTO DE REFLEXIÓNS

02 octubre 2010

RAQUEL DANS LOSADA

Natural de Vilamartín de Valdeorras. Nos anos trinta era cortexada polo piloto Apolina Sainz de Buruaga y Polanco, quen dende o aeródromo de León viña voando na súa avioneta e tiraba un ramo de flores na finca da súa noiva con carta incluída. 

Casaron en 1928 en Madrid, na intimidade pois a familia de Raquel gardaba loito. Tiveron un fillo, Ignacio, tamén dunha vida exitosa e unha filla, María Pilar. O matrimonio residiu en Madrid e Raquel era a presidenta da Xunta de Damas da Nosa Señora de Loreto pois era unha muller devota e moi tradicional e conservadora. O matrimonio viña con frecuencia a Galicia, tanto a A Coruña onde tiñan numerosas amizades como a Viveiro ou Valdeorras.

(Fonte: "Próxima boda" (11 de abril de 1928). El Pueblo Gallego, p.7)

Vid; www.mispueblos.es/galicia/orense/vilamartin/noticias; "Una boda" (9 de maio de 1928). El Pueblo Gallego, p. 9.