Etiquetas

17 junio 2010

ANTONIA FERNÁNDEZ QUINTELA

Naceu en Ourense e fixo estudos de Maxisterio rematándoos en 1908. Casou con Marcelino Mera en xuño de 1921. Mestra nacional de Ourense retirada do corpo en 1936 pola denominada Depuración de Mestres nacionais. Reincorporaríase posteriormente. Tamén se integrou en 1940 na Asociación Provincial de Mestres Católicos actuando como vogal. Unha asociación creada en Ourense en 1935 cunha finalidade de contrarrestar, en certa media, ás Asociacións de Mestres de Primeiro Ensino. A Asociación Católica tiña entre os seus obxectivos a neutralidade política e a "catolicidade" do maxisterio. Moitas mestras que estiveran no punto de mira nos inicios da ditadura superarían a inspección e seguirían exercendo. Así aconteceu con Antonia que se incorpora ao ensino e traballará ata a súa xubilación. Faleceu o día 19 de novembro de 1965 en Ourense.

Fonte: El Pueblo Gallego, 20 de novembro de 1965, p. 17


Fonte:  Hemeroteca e Ministerio de Cultura e Deporte.