Rematados os estudos comezou sendo interina en diversas escolas. En 1913 déronlle destino na graduada de Ponteareas. Despois, en 1917 estaba destinada na escola de Panxón pero en 1918, por concurso de traslado, ocupou a praza na escola de Guillamil, en Rairiz de Veiga. En 1925 presentouse ás oposicións restrinxidas e superounas e en 1927 deixa a escola de Guillamil para cubrir a praza en Verea.
En 1940 foi cando se ditou a sentencia da destitución e separación definitiva do servizo e baixa no escalafón.
O 16 de xuño de 1957 o Boletín Oficial recoñeceu a rehabilitación da mestra polo que puido reincorporprarse ao maxisterio e foi destinada ao pobo de Penafolenche, en Trives.
Faleceu en maio de 1974.