Etiquetas

17 abril 2022

ENCARNACIÓN PADILLA GARCÍA

Naceu en Ourense o 6 de marzo de 1902 e era filla de Salvador Padilla de Vicente, Catedrático de Latín e Lengua e pedagogo que foi director do Instituto ourensán, e de Asunción García e a súa irmá era Carmen Padilla que tamén figura no blog.

O 10 de xuño de 1918, aos 16 anos, realizou o exame de ingreso no Instituto Xeral e Técnico de Ourense. Matriculouse por libre nos seis cursos e acadou vinteún sobresalientes dos que dezanove foron con premio e matrícula de honra. Un expediente brillante como tamén fora o da súa irmá Carmen.

O 30 de setembro de 1926 expediu o título de bacharelato e ese mesmo ano matricúlase na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago, tiña Encarnación 24 anos,  pero tan só realiza un curso.  O 31 de agosto de 1928 solicitou o certificado para a Escola Normal de Ourense.

(Fonte: Foto Villar. Carrozas da Batalla de Flores, Vida Gallega, 10 de xullo de 1926, p. 16. De Galiciana.)

En agosto de 1937 contraeu matrimonio con Pedro Sánchez Moreno, secretario do Concello de Lozar de la Vera Cáceres. Casaron en Palacios de Becedal en Ávila. Exerceu como mestra en Cáceres.

Vid: Rosa María Cid Galante, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita;  Carmen Benso Calvo e Rosa María Cid Galante, Los expedientes de las estudiantes de bachillerato una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930); Historia de la educación: Revista interuniversitariaISSN 2386-3846, ISSN-e 0212-0267, Nº 26, 2007, págs. 437-470 e hemeroteca.