Etiquetas

01 noviembre 2019

MARÍA AMOR ROLÁN


María Amor Rolán era unha muller que procedía de familia distinguida da cidade, de ideas conservadoras e moi tradicionais. Era filla de Manuela Rolán Rodríguez que faleceu o 23 de xullo de 1936. 

María Amor Rolán foi concellala en Ourense durante os anos vinte e trinta. Ela xunto con Blanca Calvo eran as dúas únicas e primeiras mulleres que formaron parte da Corporación Municipal desde 1925, sendo alcalde Matías Bobillo. As dúas levaban a cabo actividades diversas e entre as que estaba o control da asistencia das nenas ás escolas pois preocupáballes a educación en xeral e das nenas en particular. Así mesmo encargábanse das Colonias Escolares e  a atención á infancia. María vai dirixir unha carta ao capelán Francisco Coello para ofrecerlle 500 pesetas para a construción dun asilo para os nenos abandonados e 25 pesetas mensuais para o seu sostenemento.

María tamén era unha muller sensible coa cultura ourensá e ofreceu axuda económica para erguer algún monumento en honra dun personaxe ilustre como Prado Lameiro. Tamén doaba libros e xoias e daba aguinaldos para os combatentes. 

María Amor participou en actos diversos da cidade como representante municipal (festas, festivais, Certames, manifestacións...) e tamén propiciou a construción dun Asilo para nenos abandonados.

Tiveron ambas as dúas moita notoriedade na vida da cidade, sendo moi respectadas e un grande referente para a sociedade. Foron elas as que constituíron a Sección Feminina na cidade en 1928 que arrincou no local da Unión Patriótica.

Nos anos trinta adheriuse á agrupación "Mujeres españolas" de clara tendencia conservadora.

Faleceu o 20 de marzo do ano 1956 e está enterrada no Cemiterio de San Francisco.
__________
Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid: La Región, 25 de novembro de 1923; La Zarpa, 27 e novembro de 1923; La Región, 27 de maio de 1924; La Zarpa, 12 de maio de 1925; La Zarpa, 5 de xaneiro de 1926; La Zarpa, 20 de outubro de 1929; El Pueblo Gallego, 20 de marzo de 1956.