Vid: Cid Galante, Rosa María (2007) Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de doutoramento publicada en formato electrónico pola Universidade de Vigo; El Pueblo Gallego, 13 de outubro de 1933, p. 9; El Magisterio Español, 7 de agosto de 1934, p. 12; El Pueblo Gallego, 22 de maio de 1957, p. 9.
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
10 marzo 2014
MARÍA ALMOINA MATEO
María Jesús era natural de Lugo pero realizou estudos de Bacharelato no noso Instituto Provincial. Naceu o 19 de novembro (nalgunhas fontes pon que naceu en febreiro) de 1910 e no ano 1921, cando tiña 11 anos, aparece inscrita no primeiro curso de Bacharelato. Realiza os seis cursos por oficial tituándose en 1927. Posteriormente solicita traslado á Escola Normal de Ourense. No ano 1933 superou os cursiños de maxisterio. Estivo destinada na escola de Córnea en Piñor de Cea e logo na escola de San Martín de Allariz. Poderíamos estar falando da irmá do intelectual galego exiliado tras a guerra civil na República Dominicana, José Almoina?
Etiquetas:
A,
Bachillera de comezos de século XX,
Pioneiras