Pero si podemos dicir que Eugenia era a filla do reputado xinecólogo e deputado progresista en Cortes en 1932, Eugenio Arbones Castellanzuelo e de Carmen Paz Pardo. Que, por certo, segundo se conta foi unha familia con certos infortunios pois Carmen faleceu polo tifus en 1914 e Eugenio Arbones foi fusilado na Guerra Civil.
A súa filla, Eugenia, casou en maio de 1932 na Colexiata de Vigo co importante xoieiro Manuel Malde e tiveron catro fillos, Julio, Manuel, Carmen Eugenia e Eugenio pero o matrimonio rompeuse nun momento dado. E outro infortunio do matrimonio foi que o 7 de febreiro de 1952 faleceu un dos seus fillos á idade de quince anos.
A familia vivía en Vigo, así que todo fai pensar que Eugenia se inscribiu no noso Instituto pero ou desistiu de estudar ou continuou os estudos en Vigo.
Vid: Cid Galante, Rosa, Tese de doutoramento. El Ideal gallego : diario católico, regionalista e independiente: Ano XVI Número 3640 - 1932 maio 26.
Vid: La Voz de Galicia
Vid: La Voz de Galicia