María Dolores Alonso naceu en Vigo e medrou en Asturias. Estudou dous anos en Francia e aos 21 afincouse na nosa cidade, en Ourense onde traballou como profesora de francés. Ademais de intelectual, foi militante comunista e feminista e fundou a Asociación de Separadas e Divorciadas, presidindo a asociación durante vinte dous anos.
"Es el Partido Comunista, pues entonces dijeron: una forma de allegarse a las mujeres, y entonces algunas mujeres del partido dijeron pues vais a trabajar con las mujeres y se fundó el Movimiento Democrático de Mujeres. Entonces aquí debió de ser sobre el 75...Fueron mujeres del partido que se lo encargaron: una Charo Gutiérrez, que era arquitecta que acababa de llegar de Madrid, muy joven, y después otra, Marta Marroquí, andaluza, que era compañera de Abuín, un histórico de Comisiones...Y bueno entonces, primero el primer contacto, yo entonces no pertenecía al partido, me conocían (...) y vinieron, hablaron conmigo...Ya venían varias y como además eran todas amigas pues les dije que sí"
O doutor Peña Rey, lider do PC en Ourense, fixo historia do labor desenvolvido polo Partido Comunista a pesar das grandes dificutlades que tivo en Galicia nas anteriores eleccións. Identificouse coa autonomía de Galicia e a loita contra o paro. Referiuse ao problema das coalicións e se opuxo a determinadas restricións impostas polas normas da convocatoria. Amosouse partidario da democratización dos Concellos e a creación inmediata de cartas municipais e resaltou a negativa do PSOE, polo cal o partido foi só, cun programa para ofrecer a todas as forzas democráticas dentro dos Concellos.
Entre os candidatos ao Concregos estaba unha muller e eran Jesús Redondo, Cuca Tovar (Ángeles Fernández Tovar, filla de Ángeles Tovar), Carlos Blas Rodríguez, Xaime Rodríguez Mondejo, Xosé Arias Carballo..
Entre os candidatos ao Senado estaban José Liceras Miranda, María de los Ángeles Tovar Morais (nai de Cuca) e Antonio Rodríguez González.
Logo para as Municipais estaban as seguintes candidatas: Ángeles Tovar Morais; Mercedes Macía Viñas, Aurora Vázquez González e María Dolores Alonso Reverter. (1).
A continuación amósase un vídeo da entrevista que lle fixo La Región en marzo de 2021:
Vid: Álvarez Gómez, Mº Concepción, "As mulleres no tardofranquismo e a transición democrática" en Prada, J e Juana, J., As mulleres en Galicia no século XX, Vigo, Ir Indo, 2011, p. 245.
(1) Elaboración propia a partir de diversas fontes. El Pueblo Gallego, 6 de febreiro de 1979, p. 16