Etiquetas

29 septiembre 2012

MARIA BENITA CASTRO SÁNCHEZ

Naceu en Gomesende o 30 de abril de 1922. Seu pai era Manuel Castro Diéguez, Secretario Comarcal de Vilamarín, a súa nai era Angelita Sánchez, mestra da Graduada da Ponte. Estudou na Academia Villar de Ourense e rematado o bacharelato, no ano 1938, aos 17 anos matriculouse por oficial, tras obter unha beca, porque a súa nai era funcionaria, na carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Segundo consta nos expedientes, fai tan só un curso o que nos leva a pensar que houbo abandono dos estudos, algo, lamentablemente, bastante habitual no caso das mulleres debido a cuestións socioeconómicas e tamén por matrimonio. Pero non podemos esquecer que os intentos, aínda que truncados, tamén son logros sociais para as mulleres.

Casou con Manuel Gándara que era Brigada Practicante da Garda Civil e Benita accede ao maxisterio destinándona como mestra interina na escola de Verea. Faleceu o 10 de maio de1951, aos 29 anos de idade.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense 1900-1930, tese de doutoramento; 
El Compostelano , 2 de novembro de 1938; El Correo gallego, 3 de novembro de 1938; El Pueblo gallego, 26 de outubro de 1949; El Pueblo gallego , 2 de agosto de 1960.