Naceu en Cartelle o 5 de agosto de 1918 e era filla de Manuel Rodríguez Iglesias natural de Armada e mestre da escola mixta de San Pedro, no Concello de Cartelle; e de Antonia Losada Álvarez do pobo de Pereda.
Benilde cursou o bacharelato no Instituto de Ourense. Verificou o exame de ingreso no centro o 22 de xuño de 1932, cando Benilde tiña 14 anos. O primeiro curso fíxoo no ano 1932-33 e obtivo en todas as materias a cualificación de notable. Estivo matriculada ata o curso 1938-39, data na que rematou os estudos. Despois realizou o exame de reválida do Estado no que sacou un notable. Como aprobou puido expedir o título o 31 de xaneiro de 1940.
Pero Benilde quixo continuar estudando e solicitou un Certificado de Traslado á Universidade de Santiago.
Aos 22 anos ingresou na Facultade de Filosofía e Letras en Santiago. No exame de ingreso que realizou o 17 de setembro de 1939 acadou a cualificación de Notable. Cursou todos os anos por oficial e con matrícula gratuíta. Tras a reválida que fixo o 15 de xuño de 1944 conseguiu o Grao de Licenciada en Filosofía e Letras (1).
Consta que realizou as oposicións a maxisterio en 1948 e que exerceu a docencia en Madrid. (2).
(1)A.H.U.S. Expediente académico de Benilde Rodríguez Losada, Leg.1246-Exp. 7-006.
(2)B.O.E., 15 de marzo de 1961; B.O.E, 1 de agosto de 1954; El Compostelano, 2 de outubro de 1942.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese publicada en formato electrónico polo Departamento de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
FOTO: A fotografía foi extraída do Expediente Académico consultado no A.H.U.S, Leg. 1246. Exp. 7-002. (NOTA IMPORTANTE. PROHIBIDA A COPIA DA FOTOGRAFÍA. ESTÁ SUXEITA AO PERMISO ESPECIAL DO ARQUIVO HISTÓRICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO).
FOTO: A fotografía foi extraída do Expediente Académico consultado no A.H.U.S, Leg. 1246. Exp. 7-002. (NOTA IMPORTANTE. PROHIBIDA A COPIA DA FOTOGRAFÍA. ESTÁ SUXEITA AO PERMISO ESPECIAL DO ARQUIVO HISTÓRICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO).