Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
23 octubre 2011
AURORA DE LA TORRE PARADA
Foi outra pioneira na nosa provincia. Naceu o 11 de maio de 1897 na Rabaza (Ourense) filla de propietarios, entendendo por tales aqueles que tiñan terras de labranza cedidas a xornal. Aurora en 1909, con 15 anos, inscríbese no Instituto Provincial para cursar por libre os estudos de Maxisterio e figura matriculada ata 1913. Preparouse no Colexio Modelo da cidade e obtivo moi boas cualificacións sendo premidada en varias materias. Unha vez finalizados os estudos solicitou traslado á Escola Normal de León para realizar os estudos superiores. Seguiu preparándose no Colexio Modelo e tanto nos exámenes como nos exercicios de reválida sacou sobresaliente, acadando, deste xeito, o título Superior de Mestra en 1914.