O Asilo de horfos estaba situado no Hospital de San Roque (nas inmediacións da actual Alameda) pero cando este se derribou, a Deputación dispuxo en 1928 doutro local para situar dito Asilo pensando que o lugar adecuado era o Antigo Hospital. Outra muller ourensá, Felicia Fragozo de Quiroga, outorgou unha cantidade cuatiosa para o Asilo
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
20 febrero 2011
REMEDIOS GACIO VÁZQUEZ
Estaba casada con Ambrosio Revilla Rivera e o matrimonio non tivo fillos.Residían na rúa Cervantes, número 7 composta por planta baixa e catro pisos e un desván. Remedios fixo unha doazón para o Asilo de Horfos da provincia o que facilitou a consolidación desta Institución. Remedios Gacio outorga en 1934 testamento a favor do Asilo legando o local da tenda da familia. Estas doazóns son mostra do aprezo pola tarefa desempeñada encamiñada á protección da infancia pobre e desvalida de Ourense. Remedios faleceu o 23 de xullo de 1937 e as súas exequias leváronse a cabo na Igresa da Trindade da cidade de Ourense.