RECANTO DE REFLEXIÓNS

20 febrero 2011

REMEDIOS GACIO VÁZQUEZ

Estaba casada con Ambrosio Revilla Rivera e o matrimonio non tivo fillos.Residían na rúa Cervantes, número 7 composta por planta baixa e catro pisos e un desván.  Remedios fixo unha doazón para o Asilo de Horfos da provincia o que facilitou a consolidación desta Institución. Remedios Gacio outorga en 1934 testamento a favor do Asilo legando o local da tenda da familia. Estas doazóns son mostra do aprezo pola tarefa desempeñada encamiñada á protección da infancia pobre e desvalida de Ourense. Remedios faleceu o 23 de xullo de 1937 e as súas exequias leváronse a cabo na Igresa da Trindade da cidade de Ourense.

O Asilo de horfos estaba situado no Hospital de San Roque (nas inmediacións da actual Alameda) pero cando este se derribou, a Deputación dispuxo en 1928 doutro local para situar dito Asilo pensando que o lugar adecuado era o Antigo Hospital. Outra muller ourensá, Felicia Fragozo de Quiroga, outorgou unha cantidade cuatiosa para o Asilo

Vid: Hernández Figueiredo, J.R., Las Hijas de la Caridad en Ourense. Beneficiencia y enseñanza (siglos XIX e XX), Deputación de Ourense, 2007,p.325; "La hermosa iniciativa de una dama", La Región, 19 de novembro de 1928, p. 1;  La Región, 25 de xullo de 1937;